Cárnicos Raposo | Boudañeira. Olveira. Dumbría. 15151. A Coruña | 981 741 600 | www.raposocarnicos.com

Cárnicos Raposo

Cárnicos Raposo é unha empresa nova, pero cunha longa experiencia na elaboración e transformación de produtos cárnicos.

Os seus produtos diferéncianse por provir de animais criados seguindo as pautas dos controis de calidade máis exhaustivos. Críanse e maduran cunha alimentación equilibrada, baseada únicamente na mestura de cereais que aportan os nutrintes necesarios para lograr unha carne de calidade extraordinaria, cunhas características de corpo e texturas perceptibles exteriormente.

De cara a elaboración dos nosos produtos, realizados de xeito exclusivo coa carne dos animais criados por nos mesmos, cabe dicir que se fai seguindo as técnicas artesanais transmitidas de xeración en xeración. Do mesmo xeito que se facía na casa dos nosos antergos.

Cárnicos Raposo dispón dunha ampla gama de produtos dirixidos a satisfacer os padais máis esixentes e coa máxima garantía de calidade e confianza.

Ademáis de produtos artesanais convencionais, Cárnicos Raposo elabora produtos novedosos como son os chourizos cortados á man e envasados en aceite de oliva, morro e orella cocidos…