Gandaría Chousa Nova | Bama. Tarrio 9. 15822. Touro. A Coruña | 651 363 311 | www.gurgur.es

Gandaría Chousa Nova

Gandería Chousa Nova S.C., é unha pequena explotación familiar (50 vacas) situada no Concello de Touro, en Bama, a 20 km de Santiago e a 2 km do Camiño de Santiago.

No ano 2012, coa crise do sector xurde a necesidade de diversificar, como unha solución á caída dos prezos.

No 2013, tómase a decisión de transformar en IOGUR parte da producción levando a cabo a adaptación das vellas instalacións da explotación para adaptalas as novas necesidades.

No ano 2014 acadamos a certificación para a transformación e comercialización directa do produto. Nun primeiro momento, comenzamos comercializando Iogurt Natural en formato de 4kg, dirixido a hostelería e ao sector da respostería. Neste mesmo ano, logo de participar no Proxecto Aval Xóvenes, plantexámonos a posibilidade de comercializar para o consumidor final. A finais de 2015 iniciamos a comercialización en formato de cristal.

Na actualidade procésanse en torno a 400 litros de leite semanal en iogur. Trátase dun produto diferenciadob>, un iogur elaborado exclusivamente con leite das vacas da nosa gandeiría, sen aditivos, sen almidóns e un produto de proximidade. A etiqueta do noso iogur é moi concisa, só leite e nada máis que leite de vacab>.

Un iogur de leite pasteurizado a 92 C durante 40 minutos, o que axuda a reducir a auga do leite, pero conservando as súas propiedades nutricionais. Posteriormente báixaselle a temperatura ata que acade os 40C, momento no se lle inoculan os lévedos, deixándoos actuar entre 4 e 6 horas ata obter o iogur. Refrixérase e listo para o consumo.

Cun proceso tan sinxelo, pero non falto de bo facer, xurde gurgur. Iogur artesanal, 100% leite.