Gandaría Suárez | Pedrosa 12. Leiloio. 15113. Malpica. A Coruña | 608 399 499 | www.gandariasuarez.com

Gandaría Suárez

Somos unha explotación familiar que se dedica a cría de tenreiros de raza Rubia Galega. Encontrámonos no Concello de Malpica de Bergantiños. Localizada cerca do mar, podemos presumir dun clima privilexiado para nos pero sobre todo para os nosos animais.

Producimos carne de forma tradicional con forraxes propios en base a pasto, millo e leite das nais.

Decidimos dar o paso da venta directa porque consideramos que facemos un produto de alta calidade e de forma tradicional como se facía nas explotacións galegas no tempo dos nosos avós, por iso o consideramos exclusivo e queremos que o consumidor, dende a súa casa, teña a oportunidade de mercalo sabendo con total confianza como foi o proceso de cría para lograr esa carne.

A nosa carne pódese mercar en lotes de cuarto de canal que rondan os 60 kg.