Cooperativa Campo Capela
No ano 1.945 unhas cantas explotacións de A Capela constituíron un grupo de colonización co fin de iniciar unha andadura de ilusións comúns.
Como Cooperativa constitúese no ano 1.969 cando vinte e dous daqueles pioneiros, ou os seus fillos e xenros pensando no cooperativismo como único xeito de conseguir mellores rendementos para os seus produtos emprenden un proxecto serio e firme de futuro.
Nese ano mercaron ó Banco de Crédito Agrícola uns locais que comenzaron a funcionar como almacén de abonos e pensos, e tamén de seguido, mercaron o primeiro camión para reparto de mercancías.
Foron tempos de traballo en común, onde cada socio adicaba horas diarias de traballo físico á levantar estruturas e mesmo á turnarse co tractor de cada explotación para aportar enerxía para facer fariñas nun pequeno muíño.
Grandes esforzos marcaron o inicio desta Cooperativa, pero tamén foron grandes as metas acadadas:
No ano 1.981 a cooperativa inaugura a fábrica de pensos, tendo xa unhas instalacións con locais para oficinas, aulas de formación, salón de actos para duascentas persoas, e camións propios para reparto de pensos e recollida de leite.
Os cambios no sector leiteiro inflúen profundamente no campo galego e tamén nesta sociedade, que non deixa nunca de pensar en melloras e solucións para as explotacións, sendo punteira en iniciativas como a solicitude no ano 1.986 do saneamento gandeiro voluntario, no ano 2.005 coa posta en marcha dunha pequena fábrica de produtos lácteos artesáns a base de leite cru, e agora mesmo con un plan de acción sanitaria no gando que xa conseguiu resultados eficaces e positivos.
Un lema que esta cooperativa emprega, define a súa andadura: AS BOAS COUSAS SON DIFÍCILES ANTES DE FACERSE REALIDADE. CANTO MÁIS ALTA COLOQUE O HOME A SÚA META, TANTO MÁIS LLE FARÁ FALLA A UNIDADE.
Na actualidade conta cos seguintes servizos:
- Comercialización de leite
- Fabricación de requeixo e queixos
- Fabricación e reparto de pensos
- Tenda Agraria: ferretería, lubricantes,...
- Tenda de produtos fitosanitarios.
- Tenda de produtos zoosanitarios.
- Servizo de transporte de animais
- Comercialización de gando vacún en Silleda
- Servizos Veterinarios 24H.
- Servizos técnicos para alimentación animal e mellora da calidade do leite
- Servizo de traballador substituto en granxa.
- Xestión de subvencións, declaracións da renda,...
- Xestión de cotas de leite e supertaxa.
- Servizo de formación os socios.
Os produtos Campo Capela caracterízanse pola súa calidade, froito da coidada selección dos mellores ingredientes e dun rigoroso control do proceso de elaboración, de conservación e de distribución, e con garantía de orixe. Todos os produtos Campo Capela -Requeixón da Capela (con e sen azucre), queixo fresco (con ou sen azucre) e queixo país- están elaborados con leite cru de vaca, sen conservantes nin colorantes, sen ningún tipo de proceso adicional que desvirtúe o seu sabor e as súas potencialidades nutricionais. O resultado son produtos artesáns, frescos, co sabor auténtico da nosa terra e con garantía de orixe.
PRODUTOS:
- Requeixo punto de crema: Requeixón tradicional azucrado con textura de crema, feito con leite cru.
- Queixo mouro
- Manteiga
- Queixo con chourizo